Invernal de Fernando Buide del Real




Invernal, nova composición para guitarra de Fernando Buide del Real (Santiago de Compostela 1980) creada ex profeso para o traballo discográfico Impresiones y paisajes, como el primer libro de Lorca de Samuel Diz, que sairá publicado a finais do mes de novembro co apoio de Ayudas INJUVE a la Creación Joven.

A estrea de Invernal terá lugar o martes 06 de outubro na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid ás 20h, nun concerto con entrada libre organizado por INJUVE.



Fernando Buide del Real e Samuel Diz traballando na interpretación da obra

"Conforman a nosa memoria lugares e sons vividos que recreamos e imaxinamos a través do paso do tempo. Cando lembro o meu tempo vivido en New Haven o son do carillón da torre Harkness regresa sempre a min. Este campanario, onde a diario interpretábase todo tipo de repertorio, é o que tento recrear e revivir na guitarra. O recordo frío e invernal destes sons se reinterpreta no instrumento. Notas repetidas a modo de bordón, melodías en paralelo, harmonías consonantes con pequenas disonancias engadidas... son procesos que tentan recrear a reverberación das campás. Invernal é unha obra escrita nunha única sección, de marcado carácter melódico, salvo nos momentos centrais de maior axitación e fragmentación musical. Igual que un recordo que se dilúe na nosa memoria, o final da obra desvanécese na guitarra como un murmurio que cesa." Fernando Buide. Nova York, agosto'15

Bocetos manuscritos orixinais de Invernal