Homenaxe a Germán Lago en Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2017




Galicia lembrará a Germán Lago no 50º aniversario do seu pasamento. Fundador de diferentes agrupacións musicais de pulso e púa como a Orquesta Ibérica, con grande actividade no Madrid da Segunda República, o Auditorio Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia acollerá un relatorio-concerto de Samuel Diz e o emblemático Cuarteto Aguilar.

Este acto será o primero dunha serie de actividades e publicacións paralelas á chegada do legado artístico de Germán Lago ao Arquivo de Galicia para a súa conservación, dixitalización e estudo, así como a publicación dunha monografía en 2019.

A entrada a esta homenaxe é libre con inscrición previa na páxina web da Cidade da Cultura de Galicia: www.cidadedacultura.gal